Saltar ao contido principal

Xosé Filgueira Valverde

O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas neste 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Figueira Valverde estudou o Bacharelato en Pontevedra e obtivo en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtivo en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballou como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixiu a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colaborou en diversos medios de comunicación e en 1932 foi nomeado membro da Real Academia da Historia. Dende 1942 foi membro da Real Academia Galega e en 1953 foi nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 foi alcalde de Pontevedra e recibiu varios premios e condecoracións.

Son moitos os campos do saber que abrangue a obra de  Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos, conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Rosalía no seu fogar...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.